noticia

ABANCA únese aos vendedores do Mercado da Magdalena para mellorar a súa competitividade

07/06/2018

A Asociación de Vendedores do Mercado da Magdalena, integrada en COFER, e Abanca veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva dos vendedores adheridos a esta organización.
A presidenta dos vendedores do Mercado da Magdalena, Gemma González, e o director de zona de ABANCA en Ferrol/Ortegal, Rafael Montero, rubricaron na oficina Ferrol-Capitanía un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de proximidade.
O convenio facilita que os vendedores desta praza de abastos accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.
De maneira adicional, os comerciantes do Mercado da Magdalena asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, renovado recentemente entre ABANCA e a Deputación da Coruña.
Do mesmo xeito, o acordo asinado inclúe condicións melloradas na contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade, así como o acceso a APLAZOS, o servizo de compras de ABANCA.
Os praceiros adheridos poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Próximos cursos

no hay cursos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: