noticia

Cofer abre ao público en Exponav unha exposición sobre a Candidatura de "Ferrol da Ilustración" a Patrimonio Mundial

18/09/2013

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal súmase á tarefa de apoio do proxecto da Candidatura do “Ferrol da Ilustración” a Patrimonio Mundial.
Non é a primeira vez que Cofer aposta por implicarse en accións vencelladas coa promoción da cidade. Dende hay varios anos ten levado a cabo iniciativas de promoción das potencialidades turísticas das nosas comarcas, por entender que este sector ten o suficiente potencial como para ser un motor máis na dinamización da nosa economía comarcal. En 2011, a Confederación participou, xunto co Concello de Ferrol, e outras entidades, empresas e institucións públicas, na posta en marcha da coñecida como Ruta da Construcción Naval, un novedoso produto turístico que hoxe continúa gañando pulo e incluso acada o recoñecemento do sector a nivel internacional.
Dentro desta liña de colaboración, a Confederación de Empresarios dará divulgación á candidatura de Ferrol Patrimonio Mundial entre a cidadanía e entre expertos na materia. Como punto de arranque, dende mañá mércores quedará aberta ao público en Exponav a exposición “Ferrol da Ilustración” que resume en 72 paneis o expedinte da candidatura, preparado nos últimos anos polos expertos do CIEFAL, co respaldo da Fundación Ferrol Metrópoli.
A mostra, que se poderá visitar até finais de outubro, permitirá ao visitante identificar os bens incluídos na candidatura, así como saber máis sobre o seu valor excepcional universal. O conxunto complétase coa exposición dos plans directores, últimas publicacións e fotografías.
O horario de apertura ao público será o seguinte:
No mes de setembro
• Martes a Sábados, Laborais : 10:30 a 14:30 hrs. e de 17:00 a 19:30 hrs.
• Domingos e Festivos: 10:30 a 14:30 hrs.
No mes de outubro
De Martes a Domingo: 10:30 a 14:30 hrs.

Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: