prensa

Xunta de Galicia

Mato subliña que a clasificación dos demandantes de emprego permitirá unha mellor intermediación

27/12/2011

A Consellería de Traballo e Benestar vén de rematar a clasificación das persoas desempregadas, unha iniciativa coa que busca mellorar os índices de intermediación entre os empregadores e as persoas demandantes de emprego. Así o explicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a inauguración do centro de apoio ao empregador de Vigo, acto no que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

Esta clasificación está enmarcada dentro do programa de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) acordado na mesa de diálogo social. Desde a posta en marcha desta acción de clasificación téñense analizado e clasificado máis de 400.000 demandantes de emprego (hai que lembrar que estamos a falar de histórico, non do número actual de persoas demandantes que hai na actualidade, posto que estas entran e saen do sistema).

Enlace relacionado

Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: