noticia

PROGRAMA SUBVENCIÓNS URBAN FERROL 2012, AXUDAS PARA COMERCIO, HOSTELERÍA E OPERADOR@S DO MERCADO DA MAGDALENA

08/11/2012

O Programa Urban Ferrol é u proxecto promovido polo Concello de Ferrol e cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O seu obxectivo é a rexenarición urbana, social e económica dos barrios de Canido, Ferrol Vello e A Magdalena.

URBAN FERROL comprende un conxunto de actuación en sete areas concretas: espazo público urbano, desenvolvemento económico e emprego, acción social, transporte e comunicacións, medio ambiente urbano, tecnoloxías, xestión, control e participación cidadá.

Dentro da área de desenvolvemento económico e emprego, o Programa URBAN FERROL desenvolve un conxunto de axudas directas aos pequenos negocios da zona Urban, co fin de incentivar eficazmente os procesos de moderniazación necesarios para acadar unha maior competitividade.

O Concello de Ferrol, no seu obxectivo de dinamizar e potenciar as pequenas empresas da zona, convoca unhas liñas de axuda para os establecementos de comercio retallista e hostalería de Canido, A Magdalena e Ferrol Vello e para @s operador@s do Mercado da Magdalena.

O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

Presuposto total para as axudas: 67.000€.

Beneficiari@s:
Persoas físicas ou xurídicas que acometan a reforma ou modernización como propietari@s ou titulares de dereito, usufructuari@s, arrendatari@s ou por outros títulos xurídicos de igual natureza admisible en dereito. As empresas deberán cumprir a condición de ser peme.

- A actividade principal da empresa debe estar encadrada nos epígrafes correspondentes ás seguintes agrupacións ou grupos do IAE:

.Agrupacion 64. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes.
. Agrupación 65. Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes.
.Grupo 662. Comercio mixto ou integrado polo miúdo.
.Agrupación 67. Servizo de Alimentación.
.Agrupación 68. Servizo de hospedaxe.
.Grupo 755. Axencias de viaxes.
.Grupo 971. Lavanderías, tinturerías e servizos similares.
.Grupo 972. Salóns de perruquería e insitutos de beleza.
.Grupo 973. Servizos fotográficos, máquinas atuomáticas fotográficas e servizos de fotocopias.

Consulta as bases na túa OFICINA DO PROGRAMA URBAN.
Casa Solidaria (Rúa Velázquez,44 5º)
Tlf: 981 944 279 -www.ferrol.es/urban/

Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: