noticia

Visita institucional al Concello de Pontedeume y Planta de Leche Celta

14/02/2020

O Concello de Pontedeume recibiu en visita oficial á directiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer).

Cristóbal Dobarro e os directivos Pablo Rivera e Roberto Hermida foron recibidos polo alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o concelleiro de Industria, Daniel Ríos.

Na reunión que mantiveron no concello, falaron da situación actual do sector industrial na comarca e de posibles opcións de colaboración entre ambas institucións.

Posteriormente, visitaron as instalacións de Leche Celta, onde da man do seu director de Operacións, Álvaro Calderón, percorreron a planta, unha das máis importantes do sector lácteo no noroeste peninsular.

Tanto os representantes de COFER como os do Concello destacaron “a cordialidade da xornada” e a importancia de que o Concello de Pontedeume manteña contacto permanente e colabore coas organizacións empresariais da comarca para explorar fórmulas coas que “potenciar e ampliar o tecido industrial da vila”.

Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos cursos

no hay cursos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: