noticia
IV Plan de Rescate [TR700A] Xunta de Galicia
28/10/2021

AXUDAS DIRECTAS PARA O APOIO Á SOLVENCIA E REDUCIÓN DO ENDEUDAMENTO DO SECTOR PRIVADO: Persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19
Persoas beneficiarias:
→ Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do
mar por conta propia, profesionais e empresas que teñan unha caída do volume
de operacións anual declarado de máis dun 30% no ano 2020 respecto do ano 2019.
→ Persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que continúen coa súa actividade,
aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estiveran de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no 2019 ou 2020.
→ Persoas traballadoras autónomas dadas de alta entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas creadas ou que tiveran realizado una modificación da súa estrutura entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.
Prazo aberto ata o 29 de novembro.