noticia
Programa formativo Concello de Narón_TÉCNICAS DE VENDA
13/10/2022

A Confederación de Empresarios de Ferroterra, Eume y Ortegal COFER, en colaboración co Concello de Narón, organiza dous Cursos de Formación Online enfocados na temática Técnicas de Venda. Esta formación está pensada para o conxunto de empresas de calquera sector empresarial.
O curso consta das seguintes sesións:
24 de Outubro – Neurovendas: Vender máis con técnicas da Neurociencia – 17:00 a 20:00 h.
Neste módulo trataremos:
• Como funciona o cerebro,
• Os sesgos cognitivos.
• Aplicación práctica á venda
28 de Outubro – Como potenciar a venda segundo o perfil de cliente DISC – 17:00 a 20:00 h.
Nesta sesión veremos:
• Os estilos de comunicación,
• Descubrir cal é o noso propio estilo de comunicación
• Detectar o estilo de comunicación do cliente.
• Como adaptar o noso discurso de vendas en función do estilo de comunicación do cliente.
Inscricións no seguinte enlace: https://forms.gle/8mhMjCkq953uxGTGA. Máis información en cofer@cofernet.com ou no teléfono 981333322.