Departamento Comercio Exterior COFER

Actividade subvencionada pola Deputación provincial da Coruña

Promover, fora dos límites locais e comarcais, as moitas posibilidades do noso tecido empresarial e económico, abrir novos mercados as empresas da nosa área de influenza e atraer inversións exteriores que completen a oferta dos nosos parques empresariais, é outro dos obxectivos que COFER se traza na súa axenda de traballo dos vindeiros anos.  Con esta finalidade os servizos especializados en promoción económica e mercados internacionais que coordinou esta área e traballou na xeración de sinerxias empresariais, conformando unha rede que aumente as opcións de proxección exterior.

En COFER, e subvencionado pola Deputación provincial da Coruña, prestamos un Servizo de asesoramento á empresa en materia de internacionalización, facilitándolle a formación necesaria que lle permita elaborar plans de marketing e exportación á súa medida e acompañándoa na tarefa. Ao mesmo tempo, ofrecemos asesoramento en tarefas propias do departamento de comercio exterior.

É preciso sumar forzas para trasladar aos posibles inversores as potencialidades e vantaxes de investir na nosa área de influencia, Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 

Máis Información no teléfono 981333322 ou no email cofer@cofernet.com

Scroll al inicio
Ir al contenido