COFER e a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC) do Concello de Narón organizan unha sesión técnica dirixida ás empresas , centrada no aforro e na xestión eficiente da enerxía no ámbito empresarial.
🔎 Contidos da sesión (1 h 30 min aprox.):
▪️ Que é a OTC Narón e que servizos ofrece ás empresas
▪️ Como entender e optimizar a factura eléctrica
▪️ Erros e sobrecustos máis habituais
▪️ Boas prácticas de eficiencia enerxética de baixo custo
▪️ Introdución ás comunidades enerxéticas no ámbito empresarial
▪️ Presentación de “Narón en Comunidade(s)” para compras conxuntas e proxectos colectivos de autoconsumo
ℹ️ Non se realizarán análises individualizadas de facturas, pero explicaranse criterios aplicables a cada empresa.
❓ Haberá tempo para preguntas e posibilidade de solicitar asesoramento individual posterior a través da OTC.
Inscrición: https://forms.gle/nLRZQhiNeMBnaMjBA


