A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración con Vento Abogados & Asesores, organiza a conferencia “Rexistro de xornada e tempo de traballo”, que terá lugar o vindeiro venres, 27 de febreiro, de 10:00 a 11:30 horas, no Sercotel Odeón.
A xornada abordará unha cuestión de máxima actualidade para as empresas: as obrigas en materia de rexistro de xornada, o control do tempo de traballo e as implicacións legais derivadas da normativa vixente. O obxectivo é ofrecer información clara, rigorosa e práctica que permita ás empresas cumprir coa normativa e evitar posibles incidencias.
O acto contará coa presentación do presidente de COFER, Cristóbal Dobarro, e cos relatorios de dúas profesionais de referencia no ámbito laboral:
- Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social.
- Catarina Capeáns Amenedo, socia da Área Laboral de Vento Abogados & Asesores.
Ao remate das intervencións abrirase un coloquio no que as persoas asistentes poderán formular preguntas e compartir dúbidas sobre esta materia.
A asistencia require inscrición previa obrigatoria: https://forms.gle/vXuvEshBppxipZ5t8


