Máis de trinta empresas participan nunha xornada de COFER sobre o rexistro da xornada e o tempo de traballo

COFER celebrou o pasado 27 de febreiro unha xornada informativa centrada no rexistro da xornada e o tempo de traballo, unha cuestión de especial relevancia para as empresas no actual contexto normativo. O encontro reuniu a máis dunha trintena de compañías interesadas en afondar nas obrigas legais e nas novidades previstas nesta materia.

A sesión contou coa intervención de Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social, quen explicou as obrigas vixentes en materia de rexistro de xornada, o control exercido pola ITSS e as principais novidades que incorpora o proxecto de Real Decreto actualmente en tramitación.

Na segunda parte da xornada, Catarina Capeáns Amenedo, socia da Área Laboral de Vento Abogados & Asesores, abordou a delimitación conceptual e práctica do tempo efectivo de traballo, aclarando que se considera tempo de traballo segundo a normativa e a xurisprudencia existente, así como os retos que presenta o novo modelo de rexistro que se proxecta.

A presentación do acto estivo a cargo de Yadira Tenreiro, membro da Xunta Directiva de COFER, quen destacou a importancia de ofrecer ás empresas información clara e actualizada para garantir o cumprimento normativo e unha correcta xestión laboral.

A xornada permitiu ás persoas asistentes resolver dúbidas e compartir reflexións sobre unha materia clave na organización interna das empresas e na súa relación coa normativa laboral.

Esta actividade contou coa colaboración da Deputación da Coruña

Scroll al inicio
Ir al contenido