COFER mantén unha reunión coa Secretaría Xeral de Emprego e coa Dirección Xeral de Formación para abordar as necesidades formativas da comarca

A sede de COFER no Cantón acolleu esta mañá unha reunión de traballo con Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais, e con Zeltia Lado, Directora Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, co obxectivo de analizar cuestións de interese para o tecido empresarial de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Por parte de COFER participaron no encontro Cristóbal Dobarro (Presidente), Alejandro Langtry (Delegado da Área de Formación), Roberto Derungs (Delegado da Área de Industria), Rocío Gómez (Vicepresidenta e Delegada da Área de Desenvolvemento e Dinamización) e Pablo Rivera (Secretario).

Durante a reunión abordáronse diferentes aspectos relacionados co mercado laboral e, de maneira especial, as necesidades formativas actuais das empresas da comarca, incidindo na importancia de adaptar a oferta formativa ás demandas reais dos sectores produtivos.

O encontro enmárcase na liña de colaboración institucional que COFER mantén coas administracións públicas co fin de reforzar a cualificación profesional, mellorar a empregabilidade e contribuír ao desenvolvemento económico do territorio.

Scroll al inicio
Ir al contenido