«Protexe os teus datos e traballa con seguridade: Ciberseguridade básica para usuarios”

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal coa colaboración do Concello de Ferrol organiza esta formación.

Este curso introdúcete nas ameazas máis comúns e nas ferramentas necesarias para manter a túa seguridade online. Aumenta a túa protección fronte a virus, malware e fraudes con técnicas sinxelas e eficaces. Nun mundo dixital en constante cambio, protexer a túa información é clave.

Modalidade: Teleformación (sen aula virtual) polo que as persoas poden adaptar os seus horarios e carga lectiva ás súas necesidades persoais.

Datas: do 22 de outubro ao 5 de novembro.

Carga lectiva estimada: 2 horas/día.

Imparte: TAGENATA

Información e inscricións:

  • 981 333 305 / 981 333 322
  • Inscrición gratuíta | Prazas limitadas | Dirixido a traballadores por conta allea, propia e desempregados.
  • Para a inscrición e imprescindible enviar a info@cofer.es  os seguintes datos: Nome completo, Empresa (cando proceda), DNI, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
Scroll al inicio
Ir al contenido