Resumen
COFER, en colaboración co Concello de Ferrol, levará a cobo un programa gratuíto de apoio e asesoramento destinado á mellora da competitividade do tecido empresarial.
Realizaranse tres cursos formativos online con acceso a mentorías individuais nos próximos meses, orientados á transformación dixital, fomento da economía circular e á internacionalización empresarial.
O primeiro, centrado no fomento da Transformación Dixital, dará comezo o próximo 28 de setembro e consta de seis sesións formativas teórico-prácticas.
Poden consultar máis información sobre as sesións no cartel adxunto do programa e inscribirse ao través do seguinte formulario: https://forms.gle/ncYXeT8U8JymTNjU7