CURSO “LibreOffice Calc básico”

“Optimiza o teu traballo con follas de cálculo con soltura: Aprende Libre Office Calc desde cero»

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal coa colaboración do Concello de Ferrol organiza esta formación.

Este curso mellora as túas habilidades en follas de cálculo cunha alternativa libre e eficiente: LibreOffice Calc. Aprende a crear e xestionar follas de cálculo con soltura, utilizando fórmulas, funcións e gráficas que facilitarán o teu traballo diario.

Modalidade: Teleformación (sen aula virtual) polo que as persoas poden adaptar os seus horarios e carga lectiva ás súas necesidades persoais.

Datas: do 6 ao 27 de novembro.

Carga lectiva estimada: 1 hora e 45 minutos/día.

Imparte: TAGENATA

Información e inscricións:

  • 981 333 305 / 981 333 322
  • Inscrición gratuíta | Prazas limitadas | Dirixido a traballadores por conta allea, propia e desempregados.
  • Para a inscrición e imprescindible enviar a info@cofer.es  os seguintes datos: Nome completo, Empresa (cando proceda), DNI, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
Scroll al inicio
Ir al contenido