CURSO “Elaboración de Plans de Negocio de Alto Impacto”
A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal coa colaboración do Concello de Ferrol organiza esta formación.
Este programa de obradoiros teórico-prácticos está deseñado para axudar ás persoas emprendedoras a desenvolver plans de negocio sólidos e atractivos que permitan destacar no mercado e captar o interese de investidores.
A través de dinámicas interactivas e exercicios prácticos, as persoas participantes aprenderán a definir a súa proposta de valor, analizar o mercado, desenvolver unha estratexia de negocio efectiva, planificar as finanzas e comunicar de maneira convincente o seu plan de negocio
Modalidade: Teleformación con aula virtual.
Datas: do 25 ao 28 de novembro.
Horario: de 16,00 a 19,00 horas.
Imparte: Implicatum.
Información e inscricións:
- 981 333 305 / 981 333 322
- Inscrición gratuíta | Prazas limitadas | Dirixido a traballadores por conta allea, propia e desempregados.
- Para a inscrición e imprescindible enviar a info@cofer.es os seguintes datos: Nome completo, Empresa (cando proceda), DNI, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.