A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal coa colaboración do Concello de Ferrol organiza esta formación.
Este programa de obradoiros teórico-prácticos está deseñado para fortalecer as habilidades de liderado e a capacidade de xestión de equipos en persoas emprendedoras, utilizando a metodoloxía LEGO® SERIOUS PLAY®. A través de dinámicas de grupo e simulacións con LEGO, as persoas participantes explorarán diferentes tipos de liderado, motivación e resolución de conflitos, construíndo modelos que representen conceptos e solucións reais.
Modalidade: Presencial. Na sede de COFER na Malata (Punta Arnela, s/n. Edificio de Usos múltiples, 2º. Ferrol)
Datas: 2, 3 e 4 de decembro.
Horario: de 09.30 a 13.30 horas
Imparte: Implicatum
Información e inscricións:
- 981 333 305 / 981 333 322
- Inscrición gratuíta | Prazas limitadas | Dirixido a traballadores por conta allea, propia e desempregados.
- Para a inscrición e imprescindible enviar a formacion@cofer.es os seguintes datos: Nome completo, Empresa (cando proceda), DNI, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.