A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) en colaboración con Vento Abogados&Asesores e da Deputación da Coruña, organiza a xornada “Canal de denuncias e protocolos e investigacións de acoso no ámbito laboral”, que terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, de 10:00 a 11:30 horas, na Sede de COFER en A Malata.
Esta sesión formativa abordará as novas obrigas ás que deben facer fronte as empresas tras a recente reforma da Lei de Prevención de Riscos Laborais e a entrada en vigor da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas informantes. Ambas normativas supoñen un cambio significativo na xestión dos riscos psicosociais e na prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo, esixindo ás organizacións a implantación de sistemas internos eficaces e integrados no seu modelo de cumprimento normativo.
O obxectivo da xornada é proporcionar ás empresas unha visión práctica e completa das súas obrigas legais, así como ferramentas para a correcta implantación de canles de denuncia e a xestión de procedementos internos de investigación. Ao remate da sesión, as persoas asistentes poderán identificar as responsabilidades que a normativa impón, comprender o funcionamento dos sistemas internos de información e coñecer as fases e garantías esenciais nun proceso de investigación por acoso.
Programa
- Presentación a cargo de COFER
- Canal de denuncias e Lei 2/2023: funcións da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI), obrigas e responsabilidades das empresas
- Relator: Ricardo Ron Latas, Subdirector Xeral do Valedor do Pobo e Director Técnico da AGPI
- Protocolos de prevención e investigación do acoso: elaboración de protocolos, canles de denuncia, principios de seguridade e confidencialidade, procedementos internos, comisións instrutoras e medidas preventivas e correctoras
- Relator: Pablo Romero Alborés, avogado de asesoramento a empresas e cumprimento normativo laboral na Área de Dereito Laboral de Vento Abogados & Asesores
A participación na xornada require inscrición previa: https://forms.gle/RbUypLXfXFvQSAoe9


