COFER en colaboración con Audidat e a Deputación da Coruña organizada unha Xornada centrada no Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
Nesta sesión abordaremos, cun enfoque práctico, como as organizacións poden adaptarse aos requisitos do ENS e reforzar a seguridade da información, garantindo o cumprimento normativo e a protección fronte a ciberameazas.
Durante o webinario trataranse aspectos clave como:
- Que é o Esquema Nacional de Seguridade e cal é o seu obxectivo.
- Marco normativo e entidades obrigadas (sector público e privado)
- Beneficios da implantación do ENS: seguridade, confianza e vantaxe competitiva
- Proceso de implantación: análise, avaliación, certificación e seguimento
- Niveis de seguridade (básico, medio e alto) e a súa aplicación
Ademais, explicarase como as organizacións poden abordar a súa adaptación ao ENS e as opcións de certificación.
Os relatores serán:
- Matías Martínez, responsable legal.
- Javier Rico, director territorial.
- Jesús López, responsable de zona.
A xornada será de forma en liña o 24 de abril de 13:00 a 14:00h.
A ligazón para inscribirse é o seguinte: https://forms.gle/vnkip4MvjR3dWLcJ8


