A túa empresa comunica… ou só está na internet?

Moitas empresas teñen web, redes sociais ou publican contidos, pero estar visibles non significa estar ben posicionado na mente de quen decide.

Nunha contorna onde os clientes investigan antes de elixir provedor, a comunicación empresarial converteuse nun factor crave para xerar confianza, reducir dúbidas e entrar na decisión de compra.

COFER organiza a xornada técnica:

“Ter presenza dixital non significa comunicar”

Unha sesión dirixida a empresas que queren entender mellor que papel xoga hoxe a comunicación no seu posicionamento e na percepción que o mercado ten delas.

Durante a xornada abordaremos cuestións como:

  • A diferenza entre estar na internet e ocupar un lugar claro na mente do cliente
  • Os erros organizativos máis frecuentes á hora de comunicar
  • Como distinguir márketing, branding e dirección de comunicación
  • Un marco básico parar revisar a situación comunicativa da túa empresa

Ao finalizar a sesión, cada asistente poderá identificar se a súa comunicación está a axudar realmente á súa empresa ou simplemente está a ocupar tempo.

Relatores: Bruno Currás e Beatriz Gelpi (Estudo Vendaval)

Data: 26 de marzo

Horario: 9:30h a 11:30h

Lugar: Sede COFER – A Malata

Inscrición

Scroll al inicio
Ir al contenido